skip to main |
skip to sidebar

Bautista Álvarez naceu o ano 1933 en Loucía, pequena aldea da parroquia de Lás, no concelho de San Amaro, perto do Carballinho. É o menor de tres irmáns de umha familia de modestos labregos.
Participa como membro fundador da Unión do Povo Galego (UPG) o 25 de Xulho de 1964, sendo um dos que redactaría os famosos “10 puntos” programáticos. Nestes primeiros anos de vida a UPG era sobre todo un grupo de formación e sensibilización ideolóxica nacionalista centrado en Vigo e en Madrid especialmente.
A fins de Agosto de 1977, durante a celebración do Iº Congreso da UPG resulta electo Presidente.
FRASES DE BAUTISTA ÁLVAREZ
- Nom moreu o capital. Segue a galopar, con máis brio se cadra, polos campos a ermo que outrora defensores da ortodóxia revoluciónaria abandonaron.
- Pois segue habendo oprimidos e opresores, segue habendo fame numha parte e noutra o vómito provocado pola náusea capitalista. Tamén vomitou o império romano nos estertores da súa decadencia.
- Os impérios clásicos tinhan na excravitude a ferrramente de trabalho. O feudalismo trocou os escravos em vasalos e o capital comverteu os súbditos e cidadáns em clientela.
- As nossas relacións cos centros de poder som de combate e nom de convivéncia.
- A Revolución Francesa rompeu a monarquia. A Rusa, o capital. Os progres actuais nom atopan monarcas nem impérios que derubar. Abóndalhes coa revolución da vestimenta ou a revolución dos sexos.
- Nom hai liberdade nem democrácia que nom fose acoutada no seu cural.
- As batalhas precisan de moito corazón. Só as ganharon os que puxeron as melhores cabezas no seu estado maior.
- Nom podemos servir aos oprimidos aspirando asemade a merecer os parabéms dos opresores.
- Os guereiros utilizan as trincheiras, nom as catacumbas. A liberacióm dos povos nom ven nunca por benzón divina. É tarefa encomendada á espada da milícia.
- Daremos dous pasos nós cando eles dean um.
Sem comentários:
Enviar um comentário